[ad_1]
“Prenderlle lume á vila” é unha canción que naceu de xeito espontáneo, logo dunha semana desas que se fan moi longas, cando se xuntan moitas cousas que desaniman a seguir camiñando cun mínimo de ilusión. Unha mala semana tena calquera mais, neste caso, derivou en canción.
Foi gravada en casa guitarra e voz e compartida nas redes sociais. Máis tarde arranxámola para o directo e foi no concerto en Cabanas o 19 de xuño de 2023 onde fixemos esta gravación. Despedimos así tamén deste xeito esta banda e esta xira na que entre 2020 e 2023 (cunha pandemia de por medio) tratamos de levar esta proposta alá por onde nos quixeron e nos abriron os brazos. GRAZAS, grazas banda, equipo, público, por compartir trincheira con nós!
Unha banda formada por:
Ailén Kendelman (batería)
Laura Romero (baixo)
Iván Bernárdez (guitarra)
María prado (trompeta)
Richi Casás (saxo)
Xiana Naval (trombón)
MJ Pérez (guitarra e voz)
A canción foi misturada por Iago Blanco en Drum&Roll Studios.
Agradecimientos especiais:
Miguel Iglesias – Técnico de son de directo
Miguel Prado – Luces
Toxoverde – Produción e Gravación de vídeo
——
LINKS:
Facebook:
Instagram:
Twitter:
Spotify:
Bandcamp:
WEB: mjperez.net
Contratación: toxoverde.gal
source
[ad_2]
A rapaza de cara traquina que se converteu em cantautora de intervenção! Sempre a somar canções poderosas, nunca te poderei agradecer o bastante pela arte que partilhas. Moitas grazas por todo MJ!!! 🙏
Himno! 🔥
E moito estamos tardando en facer viral esta marabilla 😍
Mola mil!!! Temazo, videaco, bandaza e artistaza!! 👏👏😍😍
Espectacular !!!
🙌🙌🙌